Autora de banda deseñada que se sitúa a medio camiño entre a arquitectura e a autoedición. Despois de facer traballos por encargo para editoriais como Marvel ou DC, recorre a obras cada vez máis persoais a partir de 2014 baixo o selo Image Comics.
Os seus libros máis característicos son: I.D. como autora completa, os dous volumes de Mirror: El reflejo de la montaña e El nido co autor malaio Hwei Lim e os tres volumes de Bella Muerte coa escritora Kelly Sue DeConnick, todos eles publicados en España pola Editorial Astiberri. Tamén coeditou a revista Island e realizou diversos traballos de ilustradora para clientes de renome como SIE ou Prada. Recibiu varias nominacións e premios, incluíndo o premio Eisner ao mellor artista de portada en 2020.
Actualmente incluída no proxecto FriendSHIP orcas, está a debuxar unha serie de láminas relacionadas coas candorcas para o proxecto, que busca a conservación e xestión da subpoboación de candorcas ibéricas en perigo de extinción.
Comments